Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Recórdaselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 5 de marzo de 2012.
Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
N.º de expediente: TR348A 2011/228-2.
Nome: Isteel Solutions Europe, S.L.
DNI/NIF: B-33974601.
Último enderezo coñecido: rúa Severo Ochoa, 25-3.º A, 33206 Gijón (Asturias).
Procedemento: Programa do fomento da contratación indefinida inicial.
Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.
Contido da resolución: desistencia de petición da axuda.