Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 29 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se lles require documentación aos solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 71 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda nos procedementos instados polos interesados, requírense para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, emenden a falta ou presenten os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por desistidos da súa petición. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da LRXAP-PAC, poderán comparecer na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Arenal, n.º 8-1.ª).

Vigo, 29 de febreiro de 2012.

M.ª Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos

DNI/NIE

N.º de expte.

Concello

Documentación requirida

Ben Chidozie Obinwa S/S

A00024896

36057082511

Vigo

AES

Saray, Montoya Hernández

39510278G

36045004411

Redondela

Risga

Gevanita, Pires de Alvarenga

X7629512K

36024002111

Lalín

Risga