Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición de equipamento electromédico con destino á Área de Resonancia Magnética do Hospital A Coruña AB-SER2-11-005 (lote único).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-11-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento electromédico.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 168, do 2 de setembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 83.796,29 €.

Orzamento con IVE: 90.500,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de febreiro de 2012.

b) Data de formalización do contrato e contratista: 29 de febreiro de 2012; Dräger Medical Hispania, S.A.

c) Importe de adxudicación:

Orzamento sen IVE: 79.906,99 €.

Orzamento con IVE: 86.299,55 €.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

P.D. (Decreto 311/2009; Orde 15.6.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos