Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de material da Unidade da Dor (MS-ASF1-11-008).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expediente: MS-ASF1-11-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material da Unidade da Dor.

c) Lotes (de ser o caso): cinco lotes.

– Kit anestesia antiálxica epidural.

– Eléctrodo para estimulación eléctrica.

– Eléctrodo iontoforese grande 10,2×10,2; eléctrodo iontoforese mediano 5,5×5,7; eléctrodo iontoforese pequeno 4,45×9,52.

– Estimulador externo tens.

– Eléctrodo neuroestimulación tens.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 3314000-3.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2011/S 131-217628, do 12 de xullo de 2011.

– BOE n.º 180, do 28 de xullo de 2011.

– DOG n.º 140, do 21 de xullo de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 361.769,61 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación sen IVE: 164.440,73 €.

b) Orzamento de licitación con IVE: 177.596,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de xaneiro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2012.

c) Contratistas:

– Lote 1: B. Braun Medical, S.A.

– Lotes do 2 ao 5: Cardiva, S.L.

d) Importe de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 150.965,01 €.

– Importe adxudicado con IVE: 163.042,21 €.

Ferrol, 5 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 28.9.2011; DOG n.º 188, do 30 de setembro)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol