Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de reactivos para a realización de técnicas por nefelometría e arrendamento dos equipamentos (MS-ASF1-11-015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expediente: MS-ASF1-11-015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de reactivos para a realización de técnicas por nefelometría e arrendamento dos equipamentos.

c) Lotes (de ser o caso): un lote.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0; 38434520-7.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2011/S 163-269455, do 26 de agosto de 2011.

– BOE n.º 222, do 15 de setembro de 2011.

– DOG n.º 171, do 7 de setembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 457.565,37 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento de licitación sen IVE: 207.984,26 €.

b) Orzamento de licitación con IVE: 226.656,76 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de xaneiro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2012.

c) Contratista: Izasa Distribuciones Técnicas, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 193.417,25 €.

– Importe adxudicado con IVE: 210.781,79 €.

Ferrol, 5 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 28.9.2011; DOG n.º 188, do 30 de setembro)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol