Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012 mediante a cal se renuncia á celebración do contrato derivado do procedemento aberto AB-CHP1-12-002, tramitado pola estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés para a realización de probas analíticas por laboratorio externo.

No Diario Oficial de Galicia n.º 24, do 3 de febreiro de 2012, publicouse o anuncio de licitación do procedemento aberto AB-CHP1-12-002, tramitado pola estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés para a realización de probas analíticas por laboratorio externo cun orzamento de licitación de 280.000 €.

A Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde está tramitando un expediente centralizado cuxo obxecto é coincidente co publicado por esta estrutura de xestión e que inclúe a totalidade das necesidades de probas externas dos centros sanitarios do Sergas que, segundo as previsións facilitadas, será adxudicado no primeiro semestre deste ano. Comunícaselles a cantos se encontren interesados no devandito expediente o seguinte:

Por Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra, en uso das competencias en materia de contratación administrativa pola Orde do 28 de xuño de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e de acordo co previsto no artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido a Lei de contratos do sector público, que prevé a posibilidade de renunciar á celebración do contrato polo órgano de contratación, antes da adxudicación deste,

ACÓRDASE:

Primeiro. Renunciar á celebración do contrato correspondente ao expediente de referencia por existiren razóns de interese público e, polo tanto, a non prosecución das actuacións tendentes á adxudicación deste.

Segundo. Proceder á publicación da presente resolución.

Pontevedra, 1 de marzo de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra