Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de marzo do 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuncia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Delmiro Souto Cruces

Último enderezo coñecido: praza de Moledo n.º 2, 36214 Vigo (Pontevedra).

Acto notificado:

Como consecuencia do recurso de alzada interposto por vostede contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que o afecta.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contado desde o día seguinte á data de recepción desta notificación, poderá vostede alegar todo o que considere conveniente. No caso de que non se reciba contestación pola súa parte, entenderase a súa completa conformidade coa modificación.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos, e está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará ao seu dispor durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural, edificios administrativos San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 54 47 68.

– Modificación que se propón:

1. Deixar como masa común (propietario n.º 1000) o predio n.º 899_2 do polígono 13 do acordo, que queda cunha superficie de 160 m2 (LR5) e 7.200 puntos de valor.

2. Trazar unha servidume de paso de 2 m de largo sobre o predio n.º 901 do polígono 13 do acordo (do propietario n.º 805) para dar acceso ao predio n.º 899_2 sen que se modifiquen nin a súa superficie nin o valor en puntos, é dicir, con 6.670 m2 e 400.125 puntos de valor.

Xúntanse planos de antes e despois.