Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 15 de marzo de 2012, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se notifica o prego de cargos do expediente disciplinario ED-2/2011 a nome de José Antonio Mosquera Claro.

Con data do 23 de xaneiro de 2012, a Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Ourense tramitou a notificación do prego de cargos do expediente disciplinario ED-2/2011 incoado a José Antonio Mosquera Claro.

Ao non poderse practicar, por medio desta cédula e ao amparo do disposto no punto 5 do artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícase a José Antonio Mosquera Claro o contido do prego de cargos que figura como anexo para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao amparo do disposto no artigo 23 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo (Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia) de presentar alegacións ante ao órgano instrutor na dirección provincial mencionada, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Pode consultar o expediente depositado nas súas dependencias da rúa Xoán XXIII, 27-29-2.º andar, de Ourense e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado.

Ourense, 15 de marzo de 2012.

Eliseo Lorenzo Carballo
Director provincial de Ourense en funcións

ANEXO

N.º expediente: ED-2/2011.

Interesado: José Antonio Mosquera Claro.

Último enderezo coñecido: Simón Bolívar 13-2.º B, 36203 Vigo (Pontevedra).

1.ª instrutora (Lugo): M.ª Eugenia Mateos Rodríguez.

2.ª instrutora (por substitución-Ourense): María Dolores D. Campo.

Feitos imputados: infracción lexislación aplicable en materia disciplinaria.

Artigos infrinxidos: artigos 5.b) e 4.1.e) do Decreto 94/1991, do 20 de marzo (Regulamento de réxime disciplinario do persoal funcionario de Galicia).

Tipificación provisional: 1) Falta leve. 2) Falta grave.

Sanción que pode impoñerse ás faltas leves: apercibimento.

Sancións que poden impoñerse ás faltas graves:

a) Suspensión de funcións que non poderá exceder os tres anos.

b) Traslado con cambio de residencia.