Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2011002957 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, correspondentes ás datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01126, reversión predios sector 10 parque ofimático PXOM da Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Beneficiario: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto
que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Bao Gómez, Consuelo

Berdiñas Mosquera, Manuel

Castelo Vázquez, Antonia

Conchado Gómez, Antonio e Conchado Barral, Teresa

Fandiño, Juan Andrés e Calvo Mirás, Dolores

Fernández Vieites, Luís e Brandariz Vázquez, Pilar

González Cordal, Josefa

López Pérez, Camilo e Pérez Rodríguez, Luz

Méndez Castelo, Obdulia

Uzal Aller, José e Villafañe Cabrera, Irma Élida

Uzal González, Avelino

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

1.12.2011

2011002957

2011002958

2011002964

2011002966

2011002970

2011002976

2011002983

2011002992

2011003000

2011003039

2011003040

15-OFRV-004

15-OFRV-005

15-OFRV-011

15-OFRV-013

15-OFRV-017

15-OFRV-023

15-OFRV-030

15-OFRV-039

15-OFRV-047

15-OFRV-086

15-OFRV-087

74.994,68

81.537,84

1.218.884,06

96.008,29

75.749,66

146.969,44

92.610,88

373.149,48

15.099,60

111.531,34

185.725,08