Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11133

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (721/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 30 de xaneiro de 2012, no proceso seguido por instancia de Pablo Mallo Costa contra a empresa Hormigones Prefabricados Sada, S.L. e Prefabricados Sada, S.L., en reclamación por extinción de contrato e cantidade, rexistrado co número 721/2011, se acordou notificar á empresa Prefabricados Sada, S.L. a seguinte sentenza:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Pablo Mallo Costa contra as empresas Hormigones Prefabricados Sada, S.L. e Prefabricados Sada, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando a demandada Hormigones Prefabricados Sada, S.L. a que lle aboe unha indemnización de 31.266,26 euros, máis 8.072,48 euros por falta de aboamento de salarios pendentes, máis, o xuro do 10% por mora, respecto desta cantidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación da sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Prefabricados Sada, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial