Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11135

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (871/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fai saber que a resolución ditada o día 3.3.2012 no proceso seguido por instancia de Francisco Javier Varela Fonte contra a empresa Larpeiros, S.L. en reclamación por cantidades rexistrado co número 871/2011 acordouse notificar á empresa Larpeiros, S.L., a seguinte sentenza:

«Resolvo que estimando a demanda interposta por Francisco Javier Varela Fonte contra a empresa Larpeiros, S.L., restaurante Lenda, condénoa a que lle aboe a cantidade de sete mil setecentos nove euros e noventa e nove céntimos (7.709,99 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación á empresa Larpeiros S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial