Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11212

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de información pública relativo á delimitación do solo de núcleo rural do Hospicio-Anllo.

Téndose tramitado no Concello de San Amaro expediente para a delimitación do solo de núcleo rural no lugar do Hospicio-Anllo (San Amaro), e de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia na redacción que lle deu a Lei 15/2004, queda aberto un período de información pública polo prazo dun (1) mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no DOG e nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo. No caso de producirse a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a derradeira publicación. O expediente completo pode ser consultado polos interesados na Secretaría do concello, onde se atopa exposto.

San Amaro, 28 de febreiro de 2012.

Ernesto Pérez González
Alcalde