Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11213

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave para oficina e almacén.

Para cumprir co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente polo que Enrique Guerreiro Martínez solicita a legalización e actividade para unha nave destinada a oficina e almacén que se sitúa no lugar da Garita das Somozas, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no rexistro xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

As Somozas, 7 de marzo de 2012.

Manuel Candocia Ramos
Alcalde