Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de arquitecto/a e dunha praza de arquitecto/a técnico/a para o Concello de Lugo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

Estas bases xerais foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno local e publicada esta modificación no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009.

No Boletín Oficial de provincia de Lugo número 52, do 3 de marzo de 2012, publicáronse resolucións das bases específicas e convocatorias que rexerán xunto coas anteriores bases xerais, os seguintes procedementos selectivos:

Persoal funcionario (quenda libre):

– Resolución 12001079: 1 praza de arquitecto/a técnico/a encadrada na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: media; grupo de titulación A, subgrupo A2. Sistema selectivo: oposición.

– Resolución 12001080: 1 praza de arquitecto/a encadrada na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A, subgrupo A1. Sistema selectivo: oposición.

Lugo, 5 de marzo de 2012.

José Clemente López Orozco
Alcalde