Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do Plan Especial de Dotacións para un centro docente en solo rústico (referencia catastral 001500400NH28E0001TU).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2012, aprobou definitivamente o Plan Especial de Dotacións cuxo obxectivo é o establecemento dun centro docente en solo clasificado polo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo como solo rústico de protección ordinaria, nun ámbito situado na avenida de Razo, n.º 89 (referencia catastral 001500400NH28E0001TU), segundo o documento refundido aprobado provisionalmente pola Xunta de Goberno local do 5 de decembro de 2011.

Así mesmo, faise constar que a documentación por duplicado e dilixenciada foi remitida á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 27 de febreiro de 2012.

Carballo, 2 de marzo de 2012.

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde