Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal para almacén, clasificación e comercio por xunto de chatarra e produtos de refugallo.

Granja Cotado Reciclajes, S.L. solicitou licenza municipal de almacén, clasificación e comercio por xunto de chatarra e produtos de refugallo, situado nas Cavadas-Partovia, deste termo municipal. Cumprindo o disposto no artigo 8, parágrafo 3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte (20) días, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Carballiño, 13 de marzo de 2012.

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde