Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

EDICTO de solicitude de licenza de apertura de planta de preparación de produtos cárnicos (expediente 2011/047/28).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente número 2011/047/28, que se tramita por instancia de Javier Lendoiro Ruanova, en representación de Betanzos Carnes, S.L.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de planta de preparación de produtos cárnicos con espazo de venda polo miúdo (carnizaría), que se instalará na parcela R-4 do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que teña por convenientes.

Bergondo, 22 de marzo de 2012.

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa