Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 17 de novembro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 2 sito en Chantada, relativo ao proxecto 00785 (expediente 2010/000020).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Josefa Gómez López o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 17 de novembro de 2011, que fixa o prezo xusto do predio n.º 2 sito en Chantada, relativo ao proxecto 00785, expediente 2010/000020, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00785-Plan de Sectorización Sunp-I/A Os Acivros. Exp. 236/95/2009. TM Chantada.

N.º de expediente: 2010/000020.

Persoa que se notifica: Josefa Gómez López.

Expropiante: Concello de Chantada.

Expropiada: Josefa Gómez López.

Beneficiaria: Sociedade Urbanística Provincial de Lugo.

Predio n.º: 2.

Concello: Chantada.

Provincia: Lugo.

Valoración resolución do Xurado: 2.399,09 €.