Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 1 de decembro de 2011 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 1 sito en Vilanova de Arousa, relativo ao proxecto 00795 (expediente 2009/006466).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Carmen Galbán Rico o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 1 de decembro de 2011, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio n.º 1 sito en Vilanova de Arousa relativo ao proxecto 00795, expediente 2009/006466, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00795-parque empresarial de Vilanova de Arousa I.

N.º de expediente: 2009/006466.

Persoa que se notifica: Carmen Galbán Rico.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo (Pontevedra).

Expropiada: Carmen Galbán Rico.

Beneficiaria: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

Predio n.º: 1.

Concello: Vilanova de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 23.187,97 €.