Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2009006532 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, correspondentes ás datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00796, acondicionamento estrada OU-901 Cea-límite de provincia (N-540). Treito: A Grela-límite de provincia. Clave: OU/04/123.01.

Concello: San Cristovo de Cea.

Provincia: Ourense.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Ourense.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Ourense.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Serafín Pérez Rodríguez

Manuel Sánchez Fernández

María Rodríguez Otero

José Ramón González Rodríguez

17.11.2011

17.11.2011

17.11.2011

17.11.2011

2009006532

2009006534

2009006537

2009006538

126

130

151

160

97,18

798,03

1.078,22

544,96