Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia, que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2010003056 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, correspondentes ás datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00815, enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e da estrada PO-531. Clave PO/O2/199.01.2.

Concello: Meis.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

María Dolores Alonso Caeiro e outro

Mariam Kempa Rahja

José Pego Nespereira e outro

Xosé Mario Pereira Riveiro

María Susana Sotelo Estévez

Rosa María Lede Rodríguez

22.12.2011

22.12.2011

22.12.2011

22.12.2011

22.12.2011

22.12.2011

2010003056

2010003059

2010003060

2010003061

2010003066

2010003126

100-AR10

100-AR18

100-AR23

100-AR25

100-AR8

192

3.474,47

3.174,47

3.574,47

3.574,47

3.474,47

28.951,60