De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a Gabriel Blanco Ulloa o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 1 de decembro de 2011, que fixa o prezo xusto do predio número 3 sito en Petín, relativo ao proxecto 00826, expediente 2010/000595, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00826-L.M.T., C.T., R.B.T. O Seixo II. Exp. IN407A 2006/230-3 A.T. TM O Bolo e Petín.
N.º expediente: 2010/000595.
Persoa que se notifica: Gabriel Blanco Ulloa.
Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Xefatura Territorial de Ourense.
Expropiado: Hros. Baltasar Blanco Pomares.
Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Predio n.º: 3.
Concello: Petín.
Provincia: Ourense.
Valoración resolución do Xurado: 254,12 €.