Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11425

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2012 pola que se fai público o resultado do sorteo para determinar a orde de nomeamento de auditores, previsto no Regulamento de fundacións de interese galego.

En cumprimento do disposto na Resolución do 27 de febreiro de 2012 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 48, do 8 de marzo), e do establecido no artigo 40 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, o día 16 de marzo, no salón de actos número 2 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo ao que alude a citada resolución.

Conforme o resultado do sorteo, a orde de nomeamento de auditores de contas, polos encargados do Rexistro de Fundacións de Interese Galego para verificación de contas anuais das fundacións, por instancia do protectorado ou dos membros do padroado, empezará por aqueles cuxa primeira letra da súa denominación empece pola letra B, de entre os que figuren na relación de auditores inscritos no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, en cada unha das circunscricións territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia, remitida ao Rexistro de Fundacións de Interese Galego polo Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, con data do 7 de febreiro de 2012.

Esta orde de designación de auditores ten validez desde o primeiro día hábil seguinte ao da data desta publicación no Diario Oficial de Galicia, ata que entre en vigor a publicación correspondente ao ano seguinte.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza