Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11426

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

DECRETO 101/2012, do 16 de marzo, polo que se acorda a cesión en propiedade a título gratuíto aos concellos de Cesuras, Mañón, Neda e As Pontes de García Rodríguez duns inmobles, antigas casetas de legoeiros.

Os concellos de Cesuras, Mañón, Neda e As Pontes de García Rodríguez solicitaron a cesión a título gratuíto de antigas casetas de legoeiros situadas nese concello.

A titularidade dos bens corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 3317/1982 (BOE n.º 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983 (BOE n.º 255, do 25 de outubro) sobre transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Os bens inmobles foron desafectados do dominio público mediante Decreto 291/2003, do 4 de xuño (DOG n.º 124, do 27 de xuño), Decreto 276/2008, do 27 de novembro (DOG n.º 247, do 22 de decembro), Decreto 69/2009, do 26 de marzo (DOG n.º 68, do 8 de abril), Decreto 214/2010, do 16 de decembro (DOG n.º 249, do 29 de decembro), e Decreto 29/2011, do 10 de febreiro (DOG n.º 39, do 25 de febreiro). Pola Orde do 23 de xuño de 2009 (DOG n.º 153, do 6 de agosto), do 12 de abril de 2010 (DOG n.º 88, do 11 de maio), do 1 de febreiro de 2011 (DOG n.º 40, do 28 de febreiro), e do 4 de marzo de 2011 (DOG n.º 62, do 29 de marzo) declarouse a súa alleabilidade.

A Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, dependente da Consellería de Facenda, tramitou o expediente de cesión dos inmobles de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de marzo de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Acórdase as cesións, a título gratuíto, da propiedade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. A favor do concello de Cesuras o inmoble situado no lugar de Rexidoira n.º 1, punto quilométrico 41,500 da estrada C-540 Betanzos-Agolada, no concello de Cesuras, de planta baixa de 109 m2, sobre soar de superficie total de 382 m2, que estrema: norte, José María Casal Sánchez e Manuela Sánchez Seoane; sur, estrada C-540; leste, Manuela Sánchez Seoane; e oeste, José María Casal Sánchez. Correspóndese coas referencias catastrais 15026A036002810000QY e 000400200NH67F0000GF.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos ao tomo 2023, libro 135, folio 150, predio 15.380.

2. A favor do concello de Mañón o soar situado no punto quilométrico 58,200 da estrada C-642, Ribadeo-Ferrol, lugar do Barqueiro, municipio de Mañón (A Coruña) dunha superficie total de 304 m2, sobre o que se asenta unha edificación principal de planta baixa de 110 m2 e faiado alto de 58 m2, xunto cun alboio contiguo polo norte de 27 m2, segundo as actuais medicións do catastro. Estrema: norte, Purificación Rodríguez Fernández; sur, Francisco Vidal Rego, leste, Purificación Rodríguez Fernández e Francisco Vidal Rego e oeste, estrada da súa situación, C-642. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira, no tomo 509, libro 46, folio 118, predio n.º 7.408. Correspóndese o inmoble coas referencias catastrais 4134210PJ0443S0001AK e 4134209PJ0443S0001YK de urbana.

3. A favor do concello de Neda o inmoble sito na estrada de Fene a Xubia, no lugar do Puntal, concello de Neda (A Coruña), que ten unha superficie segundo rexistro de 325 m2. Sobre este predio construíuse unha caseta de legoeiros dunha superficie aproximada de 113 m2. Estrema: norte, Manuel Montero Rodríguez; sur, María Luz Rodríguez Cupeiro; leste coa estrada AC-115 de Fene a Xubia e oeste con canteira de Rosa Rodríguez García. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 2.153, libro 82, folio 74, predio n.º 7.160. Referencia catastral 7554705NJ6175S0001ZD.

4. A favor do concello das Pontes de García Rodríguez, un edificio de planta baixa de 134 m2 que ocupa a totalidade do soar sobre o que se asenta, segundo a actual medición do catastro, situado no punto quilométrico 474,100 da estrada AC-861, antiga C-641, Vilalba-límite provincial-Igrexafeita, parroquia de Aparral, lugar da Casilla, s/n, do concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), que estrema: norte, leste e oeste, con Manuela Pérez Lego; e sur, estrada de situación AC-861. Referencia catastral 000100200NJ90H0001QT. Inscrito no rexistro da Propiedade de Narón ao tomo 2695, libro 175, folio 78, predio n.º 17.896.

Soar dunha superficie de 3.217 m2 segundo a actual medición do catastro, sobre o que se asenta unha edificación de planta baixa de 107 m2 e andar alto de 55 m2 no punto quilométrico 26,790 da estrada AC-101, As Pontes de García Rodríguez-Ortigueira, no sitio da Casilla, lugar do Bañal, concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), que estrema: norte, novo trazado da estrada AC-101; sur, leste e oeste, antigo trazado da estrada AC-101. Referencias catastrais: 15071A020004380000YR e 002400100NJ91E0001IK. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón ao tomo 2685, libro 174, folio 176, predio n.º 17.850.

Artigo 2.

A cesión en propiedade queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) O inmoble cedido ao concello de Cesuras destinarase a centro interpretativo da cultura ligada aos muíños, o cedido ao concello de Mañón a centro de usos múltiples para maiores, o cedido ao concello de Neda a fins sociais, e os cedidos ao concello das Pontes de García Rodríguez a fins de atención e participación cidadá.

b) No caso de que os inmobles non sexan dedicados ao uso previsto no acordo de cesión dentro do prazo dun ano contado desde o outorgamento da escritura pública, deixa de estalo con posterioridade ou se se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o inmoble reverterá á Comunidade Autónoma, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou das deterioracións que experimentasen. A Consellería de Facenda poderá comprobar o cumprimento das obrigas que leva implícitas a cesión. A reversión producirase con todas as súas pertenzas e accesións sen que proceda a favor do concello ningunha indemnización.

Artigo 3.

A cesión formalizarase mediante escritura pública subscrita pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio ou funcionario no que delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario. Os custos de formalización serán por conta do cesionario.

Disposición derradeira.

A Consellería de Facenda, a través da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, realizará todos os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda