O 15 de febreiro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2011263SEA incoado a Ferva, S.C.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Ferva, S.C. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 6 de marzo de 2012.
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
N.º de expediente: 2011263SEA.
Interesada: Ferva, S.C.
DNI/NIF/CIF: J15978034.
Último enderezo coñecido: Os Feáns, 7. Local 3-B. 15706 Santiago de Compostela.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo infrinxido: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50.1.a), d) e e); artigo 51.1 parágrafos 1.º, 4.º e 10.º.
Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixa procedementos relativos á seguridade alimentaria, artigo 18.
Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, artigo 5 e anexo II, capítulo I punto 4; capítulos II e V.
Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, artigo 10.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 600 € (seiscentos euros).