De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a quen non se lle puido facer por correo certificado, a resolución do recurso de reposición reflectido no anexo deste anuncio.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, 2.º, Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra a resolución do recurso de reposición, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.
Beatriz Otero Schmitt
Xefa do Servizo Técnico Xurídico
ANEXO
Interesado: Anxo Xoán Rajó Pazó (en nome de Estela Loxística e Proxectos, S.L.).
Último enderezo coñecido: rúa México, 3, 4.º andar, 36004 Vigo.
Asunto: denegación da axuda solicitada ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura e Turismo do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación, protección e difusión do Camiño de Santiago, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.
Resolución notificada: resolución do secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo do 12 de xaneiro de 2011.