Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: recuamento L.M.T. As Medas.
Situación: concello de Quiroga.
Características técnicas:
• L.M.T.A. a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente 3-A-4, pertencente á L.M.T.A. SEQ 807 (Ribas de Sil 7) e remata nun apoio metálico de celosía, cunha lonxitude de 249 metros, en condutor LA-56.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 7 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo