Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º. 27002 Lugo.
Denominación: centro de seccionamento Carral-Begonte.
Situación: concello de Begonte.
Características técnicas:
• C.S. Carral-Begonte en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección de trafo.
• L.M.T.S. a 20 kV, as liñas que se conectarán no centro de seccionamento son: L.M.T. dirección conversión L.M.T.A. dirección C.T. Paz y Ana, L.M.T. dirección Polígono de Carral, L.M.T. dirección C.R. Matela 2 e L.M.T. dirección C.T. Segres, cunha lonxitude de 10 metros de canalización.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 6 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo