Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:
Solicitante: Concello de Outeiro de Rei.
Domicilio social: praza do Concello, 1, 27150 Outeiro de Rei.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para urbanización sector RA-49.
Situación: concello de Outeiro de Rei.
Características técnicas: L.M.T.S. con orixe no C.T. Ramil 2 existente, entra e sae no C.T. 1 RA-49 proxectado, entra e sae no C.T. Alargos 2 existente, entra e sae no C.T. 2 RA-49 e remata nun paso aéreo a subterráneo na L.M.T.A. existente dirección a Ombreiro, cunha lonxitude de condutor proxectado de 1.000 metros e condutor existente 560 metros tipo R.H.Z.-150.
– C.T. 1 RA-49 en edificio prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230V.
– C.T.2 RA-49 en edificio prefabricado tipo PFU-5 (en substitución do antigo C.T. Alargos 1 que se vai desmontar), cunha potencia proxectada de 2×630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección do transformador, relación de transformación 20.000/400-230V.
– R.B.T.S. con orixe nos C.T. proxectados e final nas parcelas da urbanización, cunha lonxitude de canalización de 2.255 metros en condutor tipo RV.
– Enlace da R.B.T. existente do C.T. Alargos 1 coa R.B.T. do C.T. 2 RA-49.
– Desmontaxe do tramo inicial da L.M.T.A. dirección Ombreiro, cunha lonxitude de 510 metros de condutor LA-56, dous apoios de formigón e tres apoios metálicos.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 5 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo