Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Armórica (00592)-C.T. Illa de Man (14248).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
• L.M.T.S a 20 kV en canalización proxectada, con orixe no C.T. Armórica (00592), entra e sae no C.T. Esquiu (2712) e remata no C.T. Illa de Man (14248), cunha lonxitude de 520 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 5 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo