Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario, mediante acordo marco con procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación dependen de xuízos de valor, para a adquisición de peixe e año conxelados e peixe fresco (MS-CHC1-12-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias, 84. 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contrataciones.CHUAC@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 16 de abril de 2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de peixe e año conxelados e peixe fresco.

c) División por lotes e número de lotes: existen 4 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 24 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV: 15220000-6; 15100000-9.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 369.099,07 euros.

b) IVE: 29.527,93 euros.

c) Importe co IVE: 398.627,00 euros.

5. Garantías exixidas:

• Provisional: non.

• Definitiva: cinco por cento do valor estimado dos contratos derivados do acordo marco, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 16 de abril de 2012.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (planta baixa do Hospital A Coruña).

2. Domicilio: As Xubias de Arriba, 84.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

c) Admisión de variantes: si. Máximo 1 en cada número de orde.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas de Xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta sotano do Hotel de Pacientes (anexo ao Hospital A Coruña). As Xubias de Arriba, 84.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

c) Data e hora: a data de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non valorables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de la Unión Europea do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24 de decembro de 2011.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de marzo de 2012.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente da Xestión Integrada da Coruña