1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.
c) Número do expediente: AI-SER2-12-006.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de fisioterapia.
c) División por lotes e número: lote único.
d) Lugar de entrega da subministración:
– Centro de Saúde de San Paio de Navia, r/ Poza Cabalo, s/n, 36213 Vigo (Pontevedra).
– Centro de Saúde de Monterroso, r/ Juan Montes,1, 27560 Monterroso (Lugo).
e) Prazo máximo de entrega: 30 días naturais desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento sen IVE: 74.260,00 €.
Orzamento con IVE: 80.200,80 €.
5. Garantías.
a) Garantía provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.
b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2.º andar.
c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
d) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.
e) Telefax: 881 54 86 11.
f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
f) Admisión de ofertas conxuntas: si.
9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es
10. Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2012.
P.D. (Decreto 311/2009, Orde 15.6.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos