1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Departamento de Contratación Administrativa.
2) Domicilio: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.
3) Localidade e código postal: Vigo 36201.
4) Teléfono: 986 81 64 66.
5) Fax: 986 81 64 90.
6) Correo electrónico: xapvigo.contratacion.administrativa@sergas.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8) Data límite da obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: AB-XPV1-12-008.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: recollida e transporte de mostras clínicas, probas diagnósticas e correspondencia nos centros dependentes desta xerencia para o seu posterior traslado aos laboratorios de referencia.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución: véxase o prego.
e) Prazo de execución: doce meses, desde a data de asinamento do contrato.
f) Admisión de prórroga: si; véxase o prego.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o punto 6.5 do prego que rexe a contratación.
4. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 99.980,00 IVE (18%) 17.996,40. Importe total: 117.976,40.
5. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe a súa constitución.
Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo R; subgrupos 1 e 9; categoría a.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día contado desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria de Vigo.
2. Enderezo: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.
3. Localidade e código postal: Vigo, 36201.
d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
8. Apertura das ofertas:
a) Dirección: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23, 8.º andar.
b) Localidade e código postal: Vigo 36201.
c) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.
9. Gastos de publicidade: serán conta do adxudicatario. Importe estimado máximo: 700,00 €.
10. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.
Vigo, 2 de marzo de 2012.
Francisco Javier Caramés Casal
Director xerente de Atención Primaria de Vigo