En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o seguinte anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración sucesiva e por prezo unitario de bens consumibles para a Administración do Parlamento de Galicia.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior do Parlamento de Galicia.
c) Obtención de documentación e información.
1) Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núméro 655, fascículo 1, do 8 de marzo de 2012 e na páxina www.parlamentodegalicia.es).
2) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
4) Teléfono: 981 55 13 00.
5) Telefax: 981 55 14 09.
6) Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es
7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es
8) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
d) Número de expediente: DRRHH-PA-1/2012.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario de bens consumibles.
c) División por lotes e número de lotes: tres lotes: lote 1, material de oficina; lote 2, material de imprenta; lote 3, material informático.
d) Lugar de execución:
1) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
e) Prazo de execución/entrega: un ano.
f) Admisión de prórroga: por outro ano máis.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 30192000, artigos de oficina; 22458000, impresos por encargo; 30125100-2, cartuchos de tóner.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: prezo, de 0 a 52 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: valor técnico da oferta e melloras, de 0 a 48 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 158.917,78 € (sen IVE).
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 79.458,89 €. Importe total: 93.761,49 €.
6. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5% do prezo de adxudicación.
c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5% do prezo de adxudicación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas particulares, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día da presentación fose un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.
2) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
4) Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde o remate do prazo para a presentación de ofertas.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: dúas sesións públicas de apertura de ofertas, unha para sobres B e outra para sobres C.
b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
d) Data e hora: no día e hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.
10. Gastos de publicidade: os deste anuncio de licitación, que serán por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados no BOPG número 655, fascículo 1, do 8 de marzo de 2012 e na páxina www.parlamentodegalicia.es).
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.
Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia