Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO de aclaración da sentenza (747/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 747/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Mosquera García contra a empresa Viproga, S.A. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Rosa Mosquera García de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data do 20 de xaneiro de 2012, no sentido que se indica a seguir:

En lugar de dicir «... 1.716,3 euros en concepto de salarios de trámite», debe dicir «4.134,02 euros en concepto de salarios de trámite».

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que se aclara».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto de comunicación de resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado