Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do recurso de alzada que se relaciona no anexo, interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador AC-EP 18/2011, aberto por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2011.
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza
ANEXO
N.º expediente |
Recorrente |
Enderezo |
Establecemento |
Data e sentido da resolución do recurso de alzada |
AC-EP 18/2011 |
María Concepción Rojo de la Cruz |
Rúa Patiña, portal 2-4.º D, 15669 Cambre |
Na Punta do Pé |
10.10.2011 Desestimatoria |