Segundo consta no expediente, intentada a práctica doutras notificacións coas devanditas empresas non foi posible realizalas, por causa «domicilio descoñecido». Polo tanto, ao ignorarse o lugar para a práctica de notificacións, en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase que se proceda á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.
Os interesados poderán examinar a resolución de caducidade completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma n.º 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a devandita resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada mediante a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Este recurso poderá interpoñerse ante esta dirección xeral ou ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
– Destinataria: Pemibe, S.L.
CIF: B-15116700.
Último enderezo coñecido: rúa Pascual Veiga, 58. 15011 A Coruña.
Data da resolución caducidade do expediente de iniciación do procedemento de revogación da empresa operadora: 6 de marzo de 2012.
Causa da resolución: falta de resolución dentro do prazo establecido polo artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
– Destinataria: Recreativos Raba, S.L.
CIF: B-15113921.
Último enderezo coñecido: praza do Concello, 1. 15960 Ribeira, A Coruña.
Data da resolución caducidade do expediente de iniciación do procedemento de revogación da empresa operadora: 6 de marzo de 2012.
Causa da resolución: falta de resolución dentro no prazo establecido polo artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.