Foelca, S.L. solicitou a licenza para a actividade de fabricación de estruturas metálicas do sector enerxético, almacenamento e venda de material eléctrico e de fontanaría, sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en nave sita no lugar de Cimadevila, 19, Boiro, e neste concello tramítase o oportuno expediente.
En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo por dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.
O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.
Boiro, 27 de febreiro de 2012.
Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde