David Bouzón Sieira, en nome propio, solicitou a licenza para a actividade de ampliación de granxa de cunicultura, sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sita no lugar de Belles de Abaixo, parroquia de Macenda, Boiro, e neste concello tramítase o oportuno expediente.
En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.
O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.
Boiro, 27 de febreiro de 2012.
Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde