Finalizados os procesos selectivos para cubrir as prazas de traballador/a social, educador/a familiar e axente de emprego e desenvolvemento local, conforme as convocatorias publicadas no Boletín Oficial da provincia núm. 143, do 3 de agosto de 2011; por resolucións desta Alcaldía, do 8 de marzo de 2012, aprobáronse os nomeamentos de:
– María Paz Gutiérrez Abella, con DNI número 10076215-F, como funcionaria de carreira do Concello de Touro, titular da praza de traballadora social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2, do cadro de persoal do concello.
– María Nieves González Mujico, con DNI número 30618250-Y, como funcionaria de carreira do Concello de Touro, titular da praza de educadora familiar, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2, do cadro de persoal do concello.
– Ana María Pájaro Fernández, con DNI número 33033723-Z, como persoal laboral fixo, titular da praza de axente de emprego e desenvolvemento local do cadro de persoal do concello.
O que se fai público para os efectos do establecido no artigo 62 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
Touro, 9 de marzo de 2012.
Ignacio Codesido Barreiro
Alcalde