No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 243, do 21 de decembro de 2011, procedeuse á publicación da convocatoria-bases da selección para a provisión definitiva do posto de subalterno-notificador que figura no cadro de persoal do Concello do Porriño, como persoal laboral fixo, integrado no grupo de clasificación profesional de agrupacións profesionais (AP). O sistema selectivo é o de concurso-oposición libre.
No Diario Oficial de Galicia (DOG) n.º 249, do 30 de decembro de 2011, publicouse anuncio relativo á dita convocatoria.
Como no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 50, do 12 de marzo de 2012, se publicou anuncio de corrección da citada convocatoria-bases, procede publicar este novo anuncio relativo á convocatoria das probas selectivas para a cobertura da praza anteriormente descrita, lembrando que o prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O Porriño, 15 de marzo de 2012.
José Nelson Santos Argibay
Alcalde