Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melón

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de protección do BIC Conxunto Igrexa-Mosteiro de Santa María de Melón.

Aprobado inicialmente o Plan especial de protección do BIC Conxunto Igrexa-Mosteiro de Santa María, redactado por Servicat Arquitectura, S.L., que afecta o ámbito de protección do mosteiro en desenvolvemento das previsións contidas no Plan xeral, por acordo do Pleno do Concello de Melón do 29 de febreiro de 2012, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do Plan.

As áreas afectadas son as seguintes: parte do núcleo urbano de Melón e parte do núcleo rural da Ponte Nova (reflíctese graficamente no plano I-02 do Plan especial de protección do BIC Conxunto Igrexa-Mosteiro de Santa María obxecto de aprobación inicial). A área de protección do elemento de interese cultural inclúe diferentes tipos de clasificación do solo como: solo urbano, solo de núcleo rural (núcleo da Ponte Nova), solo rústico de protección agropecuaria, solo rústico de protección de augas, solo rústico de protección de infraestruturas e solo rústico de protección de espazo natural.

Melón, 1 de marzo de 2012.

María Cristina Francisco Vílchez
Alcaldesa