Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Paradela (expediente IN407A 2011/130-2, 7966 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Suplusa.

Domicilio social: pza. Sto. Domingo, n.º 6-5.º B, 27001 Lugo.

Denominación: liña subterránea e C.T. para P.E. de Paradela.

Situación: concello de Paradela.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nun paso aerosubterráneo situado nun apoio proxectado na derivada da liña SAR-805 Sarria-Portomarín e final nunha cela de liña do C.T. proxectado, cunha lonxitude de 167 metros en condutor tipo R.H.Z.1-240 mm.

– C.T. en edificio prefabricado tipo Ormaset, cunha potencia de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo