Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas L.M.T., C.T., R.B.T., O Castro-A Cerdeira (Ordes) (expediente 33/2010).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aerosubterránea a 20 kV, de 1.407 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.A. existente Meirama-Ordes, entre as derivacións a C.T. Aresa e C.T. A Reboira-Ardemil, e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar do Castro-A Cerdeira, no termo municipal de Ordes (expediente 33/2010), por resolución desta xefatura territorial do 19 de agosto de 2010, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio na avda. de Arteixo, n.º 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 2 e 3 de maio de 2012 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ordes, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e no xornal La Voz de Galicia do 13 de maio de 2010, 28 de abril de 2010 e 21 de abril de 2010, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña