En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de abril de dous mil doce,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, Manuel Borobio Sanchiz, como director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas