Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 9, do 13 de xaneiro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 2167, no artigo 80. Menores de tres anos que utilicen medidas de soporte para funcións vitais, no que se establece:
«Os expedientes de menores de tres anos que utilicen medidas de soporte para funcións vitais pasarán directamente á fase de ditame proposta cun grao de dependencia en grao III, nivel 2, sen necesidade de aplicación do baremo establecido normativamente»; deberá dicir: «Os expedientes de menores de tres anos que utilicen medidas de soporte para funcións vitais (alimentación parenteral exclusiva e respirador mecánico) pasarán directamente á fase de ditame proposta cun grao de dependencia en grao III, nivel 2, sen necesidade de aplicación do baremo establecido normativamente».