Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de trasladar o expediente da Agrupación de Mexilloeiros A Boirense ao Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia e a correspondente baixa no Rexistro de Organizacións Profesionais de Galicia.

Con data do 12 de marzo de 2012 recibiuse solicitude de traslado do expediente da Agrupación de Mexilloeiros A Boirense ao Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vista a documentación achegada, e en virtude do disposto na disposición transitoria terceira da Orde do 17 de setembro de 2010, pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, acórdase dar traslado do expediente da citada federación ao citado rexistro e procédese á súa baixa no Rexistro de Organizacións Profesionais de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais