Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 15 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica unha resolución de procedemento declarativo de reintegro a nome de Carlos Molanes Molanes.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Carlos Molanes Molanes a resolución de procedemento declarativo de reintegro da axuda de modernización.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte á publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición dos interesados atópase na Secretaría Xeral do Mar, rúa do Sar, 75, Santiago de Compostela:

Número de expediente: 2211GAL0734.

Nome: Carlos Molanes Molanes.

Enderezo: Logan, 1, 36949 Cangas.

Embarcación: Arau.

Axuda concedida: 804 €.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar