Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica, estudo ambiental, e da solicitude de acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións referidas ao Parque Eólico O Sobredo (provincia de Pontevedra). (Expediente IN661A 2011/5-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; no Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública, a solicitude da empresa: Parque Eólico O Sobredo, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Título: Parque Eólico O Sobredo.

Solicitante: Parque Eólico O Sobredo, S.L.

Domicilio social: estrada PO-533 km 171,7, Alceme, 36530, Rodeiro.

Concellos afectados: Arbo.

Superficie afectada: 36.368,30 m2.

Emprazamento: (coordenadas UTM).

Coordenadas afección:

V1 (555.200/4.666.000); V2 (555.500/4.666.000), V3 (557.412,2/4.664.800);

V4 (556.770,5/4.664.100); V5 (555.800/4.664.600); V6 (554.900/4.665.400);

Coordenadas dos aeroxeradores:

ED01 555.596 4.665.293

ED02 555.896 4.665.238

ED03 556.174 4.665.155

ED04 556.491 4.664.934

ED05 556.629 4.664.690

ED06 556.781 4.664.455

Características técnicas do parque eólico:

• 6 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

• Potencia total instalada: 18 mW.

• Produción neta anual estimada: 54.896 mWh/ano.

• Orzamento total: 18.598.216 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

• 6 transformadores de 3.350 kVA, relación de transformación 0,65/30 kV en interior de aeroxenerador.

• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV.

Obxecto da información pública:

• Estudo ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

• Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

• Declaración da instalación como de réxime especial de produción eléctrica.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figuran no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como ás persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas a el, nesta xefatura territorial sita na avda. Fernández Ladreda n.° 43 de Pontevedra (36003), no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e no concello de Arbo.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concello de Arbo, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, podendo presentarse ante esta cantas alegacións se consideren dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 2 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

missing image file
missing image file
missing image file