Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de rehabilitación das cubertas do Claustro dos Cabaleiros, ala norte e reposición da formación dos aleiros da fachada sur da igrexa do Mosteiro de Santa María de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 113, do 14 de xuño de 2011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: rehabilitación das cubertas do Claustro dos Cabaleiros, ala norte e reposición da formación dos aleiros da fachada sur da igrexa do Mosteiro de Santa María de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 195.779,08 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de marzo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 16 de marzo de 2012.

c) Contratista: Construcciones Mascareñas e HIjos, S.A.

d) Importe de adxudicación: 160.508,47 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

P. D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria